Máquinas expendedoras comerciais

 

As máquinas expendedoras ou "vending machines" son en realidade un sinxelo robot.


Contan cun controlador, que é o cerebro que controla o funcionamento dos mecanismos en resposta a unha serie de sensores.


As máquinas máis modernas constan dun ordenador central cun pequeno teclado, que permitirá ao dono programar a máquina, de xeito que poida indicar que facer cando a xente pulse os diferentes botóns, así como cambiar o prezo dos produtos.

Para identificar, seleccinar, aceptar e devolver os cartos existen diferentes sistemas. Hai máquinas que poden aceptar moedas, billetes ou tarxetas de crédito.

 

Unha vez inseridos os cartos, a máquina ordea as moedas en pilas diferentes e indica áo ordenador a cantidade introducida.

 

Tras seleccionar o produto a mercar, a máquina expenderá o artigo mediante diferentes mecanismos (parafuso sen fin, cinta transportadora, sistemas de pancas, etc) e un sensor óptico detectará que o produto foi vendido.