Selector de moedas

Obxectivo

A intención da máquina selectora de moedas era diferenciar dous tipos de moedas, decidimos diferenciar moedas de 10cent y 50cent pola súa diferenza de tamaño. A moeda de 50cent activaba o programa directamente, polo contrario se metiamos unha moeda de 10cent a función era a de contalas ata que sumaran 50cent.

Prototipos

Para pensar o mecanismo empezamos facendo varios bosquexos esquemáticos do posible selector de moedas.

 

Nun principio pensamos en diferenciar as moedas por un sistema de luz reflectida utilizando un sensor ultrasónico,  pero a escasa diferenza de cor  das moedas dificultaba a tarefa e abandoamos esta opción.

 

Logo pensamos en diferenciar as moedas por tamaño e o primeiro mecanismo construído foi unha rampla con dous buracos, pero non funcionaba ben.

 

Logo coseguimos facelo con dous camiños, un para cada moeda, pero o interesante e que as moedas fosen todas polo mesmo camiño, por iso descartamos esta idea.

 

Paralelamente traballamos nun sistema utilizando pezas de lego, pero o problema das pezas e que non nos permitían coller medidas precisas, por iso este mecanismo tampouco funcionou correctamente.

 

Ao final o sistema utilizado é o explicado a continuación.

Sistema utilizado

O sistema que se utilizou para realizar a función da selección das moedas é un simple mecanismo construído con madeira (DM) que ten que estar posicionado de forma que adquira unha pequena inclinación cara ao lado no que temos situados os sensores.

 

Unha vez introducido un dos dous tipos de moedas aceptados por esta máquina, de 10 ou 50 centimos, deslizásense pola rampla correspondente.

 

No mecanismo temos dúas posibles vias para as moedas definidas por un burato do tamaño correspondente da moeda. A moeda de 10 centimos cae primeiro xa que o seu diametro é menor e a moeda de 50 centimos deslízase ata o final xa que o seu diametro o superior ao burato da moeda de 10 centimos.

 

A detección das moedas realízase mediante sensores de contacto, que levan acoplada unha panca. O sensor para a moeda de 10 céntimos ten unha panca máis longa para mellorar a súa sensibilidade, xa que o peso da moeda é inferior.

 

Despois da selección, as moedas deslízanse ata os seus respectivos sensores dando a orde ao robot de que xa esta introducida a cantidade correspondente a 50 centimos, logo pasamos a seleccionar o tipo de sabor que queremos.

Melloras posibles

  • A apariencia podía ter sido mellorada, pero a falta de tempo impediunos crear unha máquina moito máis vistosa. 
  • Poderíanse mellorar tamén as ramplas que levan as moedas ata os sensores de contacto.
  • Unha das posibles melloras sería crear un mecanismo que nos permitise diferenciar máis tipos de moedas.
  • Tamén podíase facer un mecanismo donde as diferentes moedas ó final non se mesturasen, e quedasen clasificadas.