A nosa máquina

Obxectivo e idea

O obxectivo do traballo foi presentar un sistema robotizado para presentalo á Proba Libre de Robocampeones 2010.

 

Entre as distintas ideas presentadas escollimos facer unha máquina expededora de caramelos que funiconase con dous ou máis tipos de moedas e que permitise escoller diferentes tipos de caramelos.


Tamén ocorréusenos que o programa nos avisase cando non quedasen caramelos, pero deixamos este traballo a medias pola falta de tempo.


Tempo

Unicamente tivemos algo máis de dúas semanas para pensar e preparar o proxecto antes da competición. Precisaríamos de algún tempo mais para perfeccionar o programa e os mecanismos, facelo algo máis complexo e completo.

Aínda que co pouco tempo que tivemos para facelo todo, está bastante ben.


Materiais e ferramentas

Materiais:

  • 1 equipo Lego Mindstorms NXT
  • 1 taboleiro de DM (base 95x43 cm)
  • DM (fabricación do sistema selector de moedas)
  • 3 tupers grandes, 4 pequenos
  • Bridas (suxeición da estrutura á base)
  • Cola branca, cola termofusible, pintura negra.

 

Ferramentas:

 

  • Serra de calar
  • Trade
  • Soldador (para furar os tupers de plástico)
  • Pistola de cola termofusible)

 

Grupos

Programación:

Damián Gesteira , Jorge Costas , Brian González.

Deseño e construción do mecanismo de identificación e selección de moedas:

Simón Marcote , Jonatan Fontán , Rubén Castrillón , Aaron Rodriguez , Lucio Penedo.

Deseño e construción dos mecanismos dos caramelos:

Javier Carneiro, Pablo de Villalobos, Ricardo Alvarado.

Montaxe e axuste da máquina:

Todos