Mecanismos

Estes son os mecanismos utilizados para botar os caramelos:

Aspa

A aspa é un mecanismo que desñamos coa idea de botar unha dose determinada de caramelos.  Fabricámolo unido un servomotor a unha peza en forma de aspa que construímos mediante pezas de lego e anacos de cartolina para que os caramelos non saian por fóra.

 

Enriba deste mecanismo atópase una caixa cun burato nunha esquina, a caixa está lixeiramente inclinada cara o burato e incorporouse unha peza de cartolina para mellorar a caída.

 

Tamén fabricamos un soporte tanto para a caixa como para o mecanismo mediante pezas de lego.

Volquete

O volquete é o outro mecanismo que deseñamos e construímos. Utilizamos un servomotor ó que vai unida unha caixa cos caramelos dentro; cando queremos que os caramelos caian, o servomotor xira toda a caixa e esta os deposita sobre unha pequena caixa para recollelos. Logo volve á posición inicial.

Posibles melloras

Por falta de tempo, na nosa maquina tivemos numerosos fallos que pódense solucionar con:

  • Mellorar o mecanismo da aspa para que os caramelos non saian por fóra
  • Regular mellor a inclinación da caixa para que os caramelos non se atasquen no burato de saída no sistema "aspa".
  • Aumentar o par do mecanismo "volquete" para que teña máis forza e soporte mellor peso de caramelos.
  • Mellorar os mecanismos no sentido estético.
  • Probamos por un sensor ultrasónico en cada caixa para saber se a caixa atópase con ou sin caramelos pero a esa distancia o sensor ultrasónico no detectaba os caramelos, pois ten moi pouca precisión. Para solucionalo probamos cun sensor de contacto, pero non funcionaba porque os caramelos sumaban pouco peso. Cun pouco máis de tempo poderíamolo solucionar.